O galego Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) tivo moi mala sorte no seu debú na longa distancia, no Campionato de España que se disputou hoxe en Callela (Barcelona). O deportista, que se atopaba moi ben, sufriu unha picada na bicicleta cando aínda estaba a comezar o segmento de bicicleta, e aínda que aguantou moitos quilómetros así, finalmente decidiu cambiar a roda e continuar a carreira ata o final, a pesar de encontrarse descualificado polo cambio da roda. O galego encontrouse moi ben na natación e ademais antes da picada xa lograra alcanzar ao grupo de cabeza na bicicleta, pero este contratempo acabou coas ilusións de Gustavo.
Únete ao Voluntariado da Gran Final das Series Mundiais Pontevedra e comparte experiencia cos grandes do noso deporte
Do 23 ao 27 de setembro a nosa comunidade albergará en Pontevedra o maior evento do triatlón...



