GUSTAVO RODRÍGUEZ E MARINA GONZÁLEZ, GAÑADORES DA CUARTA PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE DUATLÓN CROSS EN CANDEÁN

9 de Febreiro de 2014

OLYMPUS DIGITAL CAMERAGustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) e Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe  vencedores do V Duatlón Cross Mámoa de Candeán (cuarta proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross), nun día moi complicado polas difíciles condicións meteorolóxicas.

E que o máis destacado da proba de hoxe foi o esforzo épico que tiveron que realizar as e os deportistas cunha nova cicloxénese explosiva sobre Galicia. Así a proba comezou con moito frío, trebóns e moito vento o cal dificultaba o traballo tanto da organización (Club Mar de Vigo) coma dos participantes, que tiveron que facer un esforzo épico no día de hoxe para completar o duatlón.

Así, na proba masculina non houbo sorpresa e os favoritos coparon os primeiros postos. Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo) foi moi superior dende o principio e só a relaxación no último segmento permitiu que se acurtasen as distancias. Gustavo chegou a meta cun tempo de 1:43:00, mentres que segundo foi Marcos Mayo (Monte Abaixo) con 1:45:56 e terceiro, Darío Otero (Team Corbello) con 1:47:15.

Na proba feminina no houbo cor, sobre todo despois de que Verónica Montes (Trinity Tríatlon) tivera que abandonar aos poucos metros de subirse na bicicleta. Ata ai, no primeiro segmento foi en cabeza xunto a Marina González (Terras de Lugo), que foi a clara vencedora da proba (2h16 min), xa sen oposición algunha nos outros dous sectores. A segunda clasificada foi Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo, 2h.34 min) e terceira no podio, Silvia García (Mar de Vigo, 2h43min)).

 

No resto das clasificacións, os gañadores foron:

 

ü    Júnior: Samuel Posada (licenza dun día).

ü    Veteranos: Maximino de la Igleia (Monte Abaixo) e Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo).

ü    Clubs: Monte Abaixo.

 

Os participantes tiveron que correr 5,5 quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e remataron con 2.750 metros a pe, nunhas condicións terribles polas pistas do Parque Forestal do Vixiador. A Federación Galega de Tríatlon quere agradecer o enorme esforzo desenvolvido pola organización e os participantes nunhas condicións meteorolóxicas terriblemente complexas.

O Circuíto Galego de Duatlón Cross está formado por cinco probas: Ribadumia, Beariz, Maside, Candeán e Samieira. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterano (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Ribadumia resultaron vencedores Brais Misa e Verónica Montes, mentres que en Beariz os gañadores foron Gustavo Rodríguez e Aída Valiño. Na terceira proba, disputada en Maside, lograron  triunfo Enrique Morán (Atletismo Porriño) e Verónica Montes (Trinity Tríatlon).

 

Quizáis che interese…