GUSTAVO RODRÍGUEZ, SEXTO NO EUROPEO DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

10 de Setembro de 2017

Gustavo Rodríguez acadou a sexta posición no Campionato de Europa de Tríatlon de Longa distancia que se disputou o sábado en Almere (a 27 quilómetros de Amsterdam) nun día moi frío e con choiva.

O tudense non fixo unha boa natación, polo que quedou por detrás dos 20 primeiros. Tocaba remontar e iso foi o que fixo Gustavo. Tivo moi boas sensacións na bicicleta, o que lle permitiu recuperar posicións e rematou cunha boa maratón, que o levou ata a sexta posición cun tempo final de 08:19:09. Proclamouse campión de Europa o británico Joe Skipper.

Resultados

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...