GUSTAVO RODRÍGUEZ TIVO QUE RETIRARSE NO EMBRUNMAN

15 de Agosto de 2017

Despois de mes e medio de preparación intensa, o soño de Gustavo Rodríguez no Embrunman non puido cumprirse. O galego tivo que retirarse nos primeiros quilómetros da carreira a pe, por unha lesión nas costas.

Así o explicou o propio Gustavo: “Unha molestia nas costas os últimos 20-30 quilómetros de bici, que pensaba remitiría ao baixarme a correr… Pero finalmente non foi así, convertendo nun suplicio cada pisada”. Ata ese instante, o tudense estaba moi ben situado para volver a loitar polo triunfo. Rodríguez recoñecía sentirse “triste e desilusionado por ter que abandonar unha das carreiras que con máis mimo e agarimo preparei”.

Este mítico Ironmán é especialmente esixente polo durísimo segmento de ciclismo, no que os deportistas teñen que facer 190 quilómetros de bicicleta polos Alpes, con subida á cima do Izoard. Antes, 3.800 metros nadando e despois unha maratón de 42 quilómetros.

Moito ánimo Gustavo e a loitar pola vindeira proba!

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...