REGULAMENTO
Data: 6 de Setembro
Hora: 17:00 horas
A organización da proba corre a cargo da Asociación de Veciños de A Milagrosa coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno.
As persoas que se inscriban nestas competicións do día 6 de Setembro no barrio de A Milagrosa, aceptan as presentes normas de competición.
Tódalas persoas que se inscriban na proba declaran estar aptos fisicamente para participar nela.
A competición deportiva conta con seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes.
Carreiras e categorías.
a. Carreira “unha”. Para nenos e nenas de 0 a 6 anos (inclusive). 200 m. De distancia. Saída e chegada na praza Agro do Rolo (A Milagrosa). Hora de comezo: ás 17:00 horas.
b. Carreira “dúas”. Para nenos e nenas de 7 a 10 anos (nados nos anos 2004, 2005, 2006 e 2007). Distancia: 500 m. Saída e chegada na praza Agro do Rolo (A Milagrosa). Hora comezo: 17:15 horas.
c. Carreira “tres”. Carreira para rapazas e rapaces de 11 a 15 anos (nados nos anos 2003, 2002, 2001, 2000, 1999). Distancia: 1.250 m.. Saída ás 17:30 horas. Percorrido: Dende o inicio da Rúa Mallorca (esquina Av. Coruña), pasando por: Praza A Milagrosa, Rúa da Milagrosa, Camiño Real, Rúa Pintor Villamil, Yáñez Rebolo, Praza de A Milagrosa, Rúa Anselmo Sampedro e rematando na praza Agro do Rolo.
d. Carreira “catro”. Distancia: 5.000 m. Percorrido: O mesmo da carreira “tres”, pero dando catro voltas e entrando só na última volta pola Rúa Anselmo Sampedro para rematar na Praza Agro do Rolo.
O comezo desta proba é ás 17:50 horas.
Nesta carreira haberá as seguintes categorías por sexo:
Catro.1. Os nados nos anos 1996,1997 e 1998.
Catro. 2. Os nados entre os anos 1995 e 1976.
Catro: 3. Os nados no ano 1975 e anteriores.
Trofeos e agasallos.
Os/as tres primeiros/as de cada categoría (das seis que hai, M e F) recibirán unha medalla.
Tódolos participantes que rematen a competición recibirán un recordo da proba.
Premio en metálico para o Campión e a Campioa da proba “catro” (Absoluta) de 150 euros.
Servizo sanitario.
Na proba haberá servizo de ambulancia e médico/a.
Avituallamento.
Haberá auga e bebidas isotónicas ó final da proba para os participantes.
Custo inscrición e pago:
– Carreiras “primeira”, “segunda” e “terceira” gratuítas.
– Carreira “catro”: 3 euros
Forma de pago: no local da Federación ou ben mediante *transferencia (Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040).
Forma de inscrición:
No correo electrónico fegatri@hotmail.com , no fax 982.109.800, no teléfono 982 25 13 45 ou na oficina da FEGATRI (Rúa Castelao 21, Ent.2, Lugo), de 9:00 a 15:00 horas (ata o 1 de Setembro ás 15:00 horas).
Datos que se solicitan: nome, apelidos e data de nacemento.
*Quen pague mediante transferencia bancaria terá que enviar a copia do xustificante de pago, ben por correo electrónico ou fax ó enviar os datos da inscrición, ou ben presentalo na Federación.
Recollida de dorsais:
O día 6, de 15:00 ás 16:00 horas na Praza Agro do Rolo (á altura do nº16) e tamén se entregarán no local da Rúa Castelao 21, Ent. 2 (Lugo) os días 2, 3, 4 e 5 de Setembro de 9:00 a 15:00 horas.