INÉS SANTIAGO E SUSANA RODRÍGUEZ, NO EUROPEO DE DUATLÓN EN ALCOBENDAS

23 de Abril de 2015

Esta fin de semana celebrarase en Alcobendas o Campionato de Europa de Duatlón cun total de 930 participantes. Galicia estará representado neste campionato por Inés Santiago (júnior feminina) e Susana Rodríguez (paraduatlón), nunha proba que non espertou gran interese entre os nosos deportistas.

A proba júnior feminina será a primeira en celebrarse o sábado 25 de abril ás 9:00 horas. Inés Santiago terá enfronte á Cecilia Santamaría, coa que ultimamente está a ter duelos espectaculares. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe. Este mesmo día, a partir das 12:00 horas, celebrarase a proba de paraduatlón, coa participación da viguesa Susana Rodríguez, na categoría PT5, para deportistas con deficiencia visual. As distancias para os deportistas con discapacidade serán de 4,8 de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…