INÉS SANTIAGO, SÉTIMA NO EUROPEO DE TRÍATLON SPRINT

26 de Xuño de 2016

Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) acadou hoxe a sétima posición o Campionato de Europa de Tríatlon distancia sprint, que se disputa en Chateauroux (Francia). A galega estivo sempre nos postos de cabeza e fixo unha gran carreira a pe para meterse no top-10 da clasificación final.

As británicas  Lucy Hall e Jessica Learmonth, que partía como gran favoritas, xa lograron poñerse en cabeza dende a natación. Por detrás un nutrido grupo perseguidor no que estaban todas a españolas e a nosa Inés Santiago entre elas.

Durante o sector de ciclismo, o dúo de cabeza aumentou a distancia sobre un grupo de unhas vinte triatletas, para así afrontar o último segmento de carreira a pe, no que Inés Santiago atacou con forza e foi superando rivais. A galega marcou o cuarto mellor parcial deste sector final, para alcanzar á sétima praza  (59:02) e sendo a mellor española. Finalmente o triunfo foi para Lucy Hall (57:48), prata para Jessica Learmonth (57:49) e bronce para a francesa Cassandra Beaugrand (58:32).

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...