Estase a traballar para encadrar se é posible o campionato nunha nova data de acordo co calendario.
Nos vindeiros 15 días confirmarase esta nova data ou a cancelación definitiva do evento, pregámosvos prudencia pero non obstante e atendendo ás circunstancias, se algún club desexa solicitar xa a devolución anticipada do importe abonado polos equipos podedes solicitala a fegatri@hotmail.com, ata o próximo 31 de marzo de 2020. Esta farase efectiva na primeira semana de abril.
Confirmada nova data, abriranse novos prazos de acordo á data de celebración, para modificacións e novas inscricións e solicitudes de baixas.
No caso de cancelación definitiva xa se faría a devolución de oficio a todos os equipos inscritos , directamente a través do TPV de pagamento
Un saúdo e desculpade as molestias.