IRIA CAMPOS E JACOBO CREGO, CAMPIÓNS DO AVIAMÁN 2018

28 de Maio de 2018

Iria Campos (licenza dun día) e Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) proclamáronse onte campións do Aviamán 2018, no que participaron 150 deportistas.

Na categoría feminina, logrou o triunfo Iria Campos, que cimentou a súa vitoria nun sector de ciclismo espectacular, no que marcou as diferenzas. Así, a primeira posición foi para Iria Campos cun tempo de 4:32:08, mentres que segunda foi María Martínez (Atletismo Porriño) cun tempo de 4:39:19. A terceira posición foi para Sara Castillo (4:42:23).

Na proba masculina o máis regular foi Jacobo Crego, que estivo en cabeza dende o primeiro segmento e xa non deixo esa posición ata que chegou a meta cun tempo de 3:22:17. O segundo posto foi para Roberto Agrelo (Artrogal Tri-498) cun tempo de 3:41:20 e terceiro foi Pedro Escolante (Kuria).

No seguinte enlace tedes as clasificacións.

Resultados

 

Quizáis che interese…