RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BIATLON E LASER RUN

27 de Maio de 2018

Esta fin de semana celebraronse en Soria os Campionatos de España de Biatlón e Laser Run escolar, con magníficos resultados para as e os deportistas galegos.

O sábado celebrouse o Campionato de España de Biatlón (modalidade que combina natación e atletismo) para as categorías prebenxamín, benxamín alevín, infantil e cadete, aínda que a Federación Galega non levou participantes en cadete.

En prebenxamín feminino, proclamouse campioa Thalia Lobina, sen participación na categoría masculina. En benxamín masculino, o título foi para Leo Sánchez (Galicia), mentres que segundo foi Alejandro García (Castela e León) e Aitor del Castillo  (Castela e León). Os galegos Héctor López e Pablo Rego, foron cuarto e quinto, respectivamente.

En benxamín feminino a campioa tamén foi galega: Mireia Vázquez, por diante da representante de Cantabria, Inés Blanco, e de Marta Carmola (Castela e León).

En Alevín feminino, Mencía Rego logrou a medalla de prata, mentres que Xiana Carril foi bronce.

Mercedes Vila proclamouse campioa de España en infantil feminino, ao situarse no máis alto do podio, por diante da catalá Nerea Gámez. En masculino, o título non foi para un galego, pero si o subcampionato, que foi para Iván Rego (prata) e o bronce para Óscar Rego.

Campionato de España de Laser-Run

Nesta modalidade, as e os deportistas combinan a carreira a pe, co tiro, que utiliza a tecnoloxía laser-run, para que sea máis sinxelo e seguro para os nenos e nenas.

En prebenxamín feminina,  a galega Thalia Lobina foi a única participante e, por tanto, ocupou a primeira posición.

En benxamín, dous galegos campions de España: Leo Sánchez e Mireia Vázquez proclamáronse campións de España nas súas categorías. Na categoría masculino o podio foi completamente galego, xa que xunto a Leo estiveron Héctor López (prata) e Pablo Rego (bronce). Na feminina, a prata foi para á cántabra Inés Blanco, mentres que Mireia Vila logrou a medalla de bronce.

En alevín feminino, novamente luciron as galegas, con Mencía Rego na primeira posición e Xiana Carril, no segundo lugar. Na categoría masculino non houbo medallas.

En infantil, novamente dominio absoluto galego. Iván Rego proclamouse campión de España escolar de Laser -Run, mentres que segundo foi Óscar López e o terceiro posto foi para o catalán Iván Liberal. Mentres, Mercedes Vila foi a campioa infantil feminina, con Claudia Gámez como subcampioa e a catalá Nerea Gámez.

 

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...