IRIA RODRÍGUEZ E INÉS CASTAÑO DISPUTARÁN A COPA AMÉRICA DE PLAYA HERMOSA

28 de Febreiro de 2019

Iria Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) e Inés Castaño (Arcade Inforhouse) continúan coa súa xira americana. Esta fin de semana participarán na Copa de América de Tríatlon de Playa Hermosa (Costa Rica). E non será a única cita internacional para deportistas da Federación Galega de Tríatlon. Convocadas pola FETRI, Elsa Pena e Nerea García participarán na Copa de Europa de Lievin de Tríatlon Indoor.

A Copa CAMTRI de Playa Hermosa (Costa Rica)  dispútase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe), e as nosas triatletas enfrontan o reto coa máxima ilusión despois de participar a fin de semana pasada na Copa da Habana. Aí Iria Rodríguez estivo a un moi bo nivel, ao rematar na cuarta posición e quedou moi contenta co realizado, xa que as condicións de calor, humidade e vento, fixeron a proba moi dura. Inés non tivo sorte, xa que quedou cortada por moi pouco e non puido lograr puntos para o ranking mundial. Pero agora ambas enfrontan un novo reto e coa ilusión de sumar puntos ITU.

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...