IVÁN RAÑA E IÑAKI PENA-MANSO PRESENTES NO IRONMAN 70.3 DE MARBELLA

25 de Abril de 2019

A localidade malagueña de Marbella acollerá o próximo sábado 27 de abril dende as 7:40 am unha nova edición da proba dA media distancia encadrada na franquicia Ironman.

Os deportistas enfrontaranse a mil novecentos metros de natación nas augas do Mar Mediterráneo seguidamente completarán noventa quilometros de ciclismo moi esixentes con 1854m de desnivel acumulado, que sen dúbida marcanrán as diferencias na carreira. Por último os triatletas recorrerán os vinte quilometros de carreira a pé polo paseo maritimo de Marbella.

Entre os inscritos na categoría Pro Masculina atopamos a dous galegos. Iván Raña, que iniciou a súa tempada no Ironman 70.3 de Campeche, en México cun decimoterceiro lugar e o triatleta coruñés Iñaki Pena-Manso. Que ven de competir no tríatlon internacional de Portocolm en Mallorca. Ambos os dous enfrotaranse a un amplio elenco de competidores de primeiro nivel mundia, entre os que destaca a presenza do doble medallista olímpico Alister Brownlee.

Quizáis che interese…