JAVIER GÓMEZ NOYA E ANTONIO SERRAT NAS SERIES MUNDIAIS DE BERMUDA.

27 de Abril de 2019

Intensa xornada deportiva a que nos espera hoxe. Ao inicio competitivo do Multisports de Pontevedra coa disputa das probas de dúatlon, Hai que sumarlle a disputa das series mundiais en Bermuda, coa presenza de dous dos nosos triatletas.
Tras o arranque das series mundiais na proba de Abu Dhabi en marzo. As World Trialon Series chegan á cidade de Bermuda no día de hoxe.

No pontón de saída atoparemos como aconteceu na copa do Mundo de New Plymouth a Javier Gómez Noya, no seu regreso ás series mundiais e a Antonio Serrat que intentará seguir sumando experiencia nestas probas de primeiro nivel.

A orografía da illa fai que o segmento de ciclismo sexa máis duro do habitual, e que á postre marcará as diferencias no resultado final da proba.

A competición masculina disputarase ás 18:06 hora española e poderemola seguir en directo en Teledeporte

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.