IVÁN RAÑA E SALETA CASTRO DISPUTARÁN O SÁBADO 8 DE OUTUBRO O CAMPIONATO DO MUNDO DE IRONMAN EN KONA

6 de Outubro de 2016

Iván Raña e Saleta Castro, na categoría PRO, disputarán o sábado 8 de outubro o Campionato do Mundo de Ironman en Kona (Hawai) con moitas ilusións, despois dun ano de preparación pensando nesta proba. Iván enfronta o su cuarto mundial, mentres que Saleta debutará. Ademais Iván Cáceres competirá en grupos de idade.
Iván Raña leva xa catro tempadas na longa distancia e despois dun moi bo debú no Mundial (Hawai 2013) no que acadou unha magnífica sexta posición, nas súas seguintes participacións non se atopou ao nivel esperado por el. Así, este ano cambiou a súa planificación tentando chegar nas mellores condicións a Kona. Ademais leva xa varios días na illa adestrando e adaptándose a esas condicións. Son favoritos para a proba Frederik van Lierde, o alemán Jan Frodeno, Brent McMahon, Eneko Llanos ou Tim Reed, sen descartar ao noso Raña.
Pola súa banda, Saleta Castro acadou este ano o soño de clasificarse para o Mundial de Kona, despois de facer un magnífico final de tempada. A pontevedresa tamén está adestrando dende hai uns días en Kona e non deixa de amosar a súa ledicia a través das redes sociais. O seu obxectivo é coller experiencia cara ao futuro e gozar desta primeira participación en Kona.
As distancias do Ironman son de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2 quilómetros de carreira a pe e na proba de Hawai participarán máis de dos mil deportistas.

Quizáis che interese…