IMPORTANTE REPRESENTACIÓN GALEGA NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA COFIDIS EN MAR DE PULPÍ

6 de Outubro de 2016

A Federación Galega de Tríatlon contará cunha importante representación no Gran Premio de España Cofidis, que se celebrará o día 8 de outubro en Mar de Pulpí (Almería), cun moi bo nivel competitivo.
En elite masculina (18:30 horas) entre os inscritos figuran os galegos Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), Diego Paz (Arcade Inforhouse), Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Martín Carrera (Natación Riveira) e Carlos Brión (Natación Riveira). Ademais dos nosos, aparecen como un dos grandes favoritos o recentemente proclamado campión de Europa sub 23 David Castro.
Na categoría feminina (17:00 horas) tamén teremos unha boa representación. Carlas Castaño (Arcade Inforhouse), Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol), Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) aparecen no listado de saída. A competición disputarase sobre a distancia sprint, é dicir, 750 metros de natación, 20 de bicicleta e 5 de carreira a pe.
Ademais do Gran Premio, ao longo de toda a xornada haberá multitude de competicións (proba popular, Tríatlon da Muller e Tríatlon de Relevos nas categorías masculina e feminina).

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...