IVÁN RAÑA LOGRA A VITORIA NO IRONMAN DE KLAGENFURT

30 de Xuño de 2014

Gran triunfo de Iván Raña. O galego de Ordes logrou o triunfo no Ironman de Klagenfurt (Austria) e segue dando pasiños importantes na longa distancia. Raña non só acadou a vitoria, senón que ademais rematou a proba cun tempo excepcional, por debaixo das oito horas (07:48:43). O galego foi moi regular en todos os segmentos, ocupando sempre as primeiras posicións tanto na natación (foi o sétimo ao remate dos 3,8 quilómetros), bicicleta (foi o mellor tras facer 180 quilómetros) e na carreira a pe (42,2). Na segunda posición chegou o alemán Christian Kramer, a seis segundos do galego.

Raña ten na súa cabeza o Mundial de Hawai, onde o pasado ano xa logrou a sexta posición.

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.