O galego Iván Raña acadou a quinta posición no Ironmán 70.3 de Palmas (Brasil) cun tempo de 04:03:13. O noso representante fixo unha proba moi regular, na que sempre estivo entre os dez primeiros, que certificou cun magnífico quinto posto final.
Iván saiu da auga (1,9 quilómetros) na sexta posición despois de facer un parcial de 26:05. Quedaban por diante 90 quilómetros de bicicleta e 21,1 de carreira a pe, e sempre estivo entre os mellores. Ao remate da proba, o triunfo foi para o británico Timothy Philip Don cun tempo de 03:53:11.