JAVIER GÓMEZ NOYA DISPUTARÁ O MUNDIAL IRONMAN 70.3 ESTE DOMINGO EN CANADÁ

4 de Setembro de 2014

Javier Gómez Noya disputará o domingo en Quebec (Canadá) con Campionato do Mundo Ironman 70.3, que é de media distancia (1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 de carreira a pe). Un novo reto para o galego, que ven de proclamarse campión do mundo de Tríatlon por cuarta vez.

O galego xa leva uns días en Mont Tremblant aclimatándose ao lugar e o clima e descansando despois das grandes emocións da semana pasada, na que conseguiu o cuarto título mundial de tríatlon da súa carreira deportiva.

A proba deste domingo será moi diferente, xa que é de un distancia moi superior á que fai Gómez Noya habitualmente: Un novo reto. Ademais, na inscrición hai deportistas moi importantes nesta distancia, polo que non será precisamente unha proba sinxela para  o galego. Iso si, Javi volverá e enfrontarse a deportistas cos que hai uns anos competía nas probas das Series Mundiais, coma o alemán Jan Frodeno, co que xa viviu duelo destacados.

 

 

 

Quizáis che interese…