O galego Javier Gómez Noya recolleu onte 4 de decembro o Premio Príncipe Felipe, no transcurso da entrega dos Premios Nacionais do Deporte 2013, que se celebrou no Palacio do Pardo en Madrid coa presenza dos Reis don Felipe e dona Letizia. Este galardón premia os resultados do noso deportista durante o ano 2013, no que logrou o título de campión do mundo (que volveu a acadar no 2014)
Gómez Noya non estivo so na gala, a que tamén acudiron entre outros os pentatletas galegos Aroa Freije, Cristóbal Rodríguez ou Raul Blanco.
Grazas a eles e as súas fotografías, podemos coñecer por dentro como foi o evento!