Jenkins, Dapena e Inforhouse de Santiago coróanse en Pontevedra

craega en triatlon pontevedra inforhouse santiago

23 de Agosto de 2021

O tríatlon galego volveu a brillar na Cidade do Lérez con Anneke Jenkins, Pablo Dapena e a remuda mixta do Inforhouse de Santiago como gañadores.

O evento comezou cos obligatorios test de antíxenos para todos os participantes antes da súa incorporación a zona blindada onde os triatletas tiñan que situarse antes da súa proba. Dúas saídas diferentes co formato normal dun Campionato de Tríatlon Sprint, grazas a modificación do regulamento por cambio de Protocolo FISICOVID-DXT días antes da proba.

Primeiro de todo agradecer ao Concello de Pontevedra a súa total disposición para o evento, á Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia por seguir apostando por o tríatlon, ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia por a implicación durante todo este ano coa familia do tríatlon galego e a Javier Gómez Noya por estar presente en todo momento nas diferentes probas e nas entregas de trofeos.

craega en triatlon pontevedra inforhouse santiago

Como non, este tipo de eventos non serían posibles sen o traballo en equipo dos xuíces oficiais, os voluntarios, o grupo de ChampionChipNorte no control de tempos e Difusión Sport polo seu magnífico traballo fotográfico. Sen esquecerse do grupo de sanitarios desplazados ata Pontevedra que traballaron a reo para que a proba fora 100% segura. Moitas grazas. 🙏🙏🙏

Proba Masculina

Ás 15:30 horas deuse a saída á proba masculina. Máis de 120 triatletas nas augas do Lérez fixeron disfrutar un ano máis do tríatlon os afeccionados de Pontevedra. O triatleta do InforHouse de Santiago Jorge González foi o primeiro en saír da auga, por diante dun grupo estirado de 9 triatletas entre os que estaban todos os favoritos.

podio masculino pontevedra

No sector de ciclismo, fórmase un grupo de 4 triatletas e o Junior Andrés Prieto, nun gran estado de forma, é o primeiro en entrar na transición para xogarse todo nos 5 kilómetros de carreira a pé nas inmediacións da Ponte dos Tirantes.

pablo dapena gaña en pontevedra

Pablo Dapena gaña a proba cun gran sector de carreira a pé convertíndose no novo campión galego de tríatlon sprint, por diante de Andrés Cendán e Andrés Prieto.

O gran triatleta galego Iván Raña entrou na octava posición, entrando no TOP10 e acadando a vitoria na categoría de veteráns 1, confirmando que todavía ten moita gasolina para loitar entre os millores neste tipo de carreiras tan rápidas.

ivan raña en pontevedra

Grazas a Javier Gómez Noya pola súa implicación coa proba de Pontevedra

RESULTADOS OFICIAIS FEGATRI

Proba Feminina

41 mulleres tomaban a saía no Tríatlon Cidade Pontevedra ás 16:30 horas. Cunha temperatura ideal para a práctica do tríatlon, a proba foi liderada pola triatleta Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial no sector de natación, por diante de Anneke Jenkins e Natalia Hidalgo.

Con 20 kms de ciclismo, a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial Anneke Jenkins demostra a súa forza neste sector e consigue unha gran ventaxa para a carreira a pé, con más de 1 minuto sobre un grupo de 4 triatletas.

Jenkins gaña en pontevedra

Anneke Jenkins gaña a proba e convírtese na nova campiona galega de tríatlon sprint, por diante de Natalia Castro e Raquel Alzaga, triatletas do Náutico de Narón. A terceira posición do podio galego foi para Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial que entrou xusto detrás de Raquel Álzaga. 

podio feminino triatlon de pontevedra

RESULTADOS OFICIAIS FEGATRI

Remudas Mixtas

Ás 7 da tarde poñíase punto final o evento do Tríatlon en Pontevedra cunha proba novedosa e moi espectacular para os deportistas e os aficionados a este deporte. A proba de Remudas Mixtas coa participación de 8 equipos formados por 4 triatletas (2 mulleres e 2 homes).

Cada participante tiña que facer 250 metros de natación, 6 kilómetros de ciclismo e 1500 metros de carreira a pé. O equipo formado por Antía González, Jorge González, Noa Taibo  e Antón Ruanova do Tríatlon Inforhouse de Santiago conseguía a victoria por diante do Náutico de Narón e o Clube Olímpico de Vedra, chegando nun apretado final co Jealsa Triatlon Boiro que entrou na cuarta posición final.

inforhouse de santiago gaña en Pontevedra

Tamén participaron no evento o Tríatlon Arteixo, o Tríatlon Rías Baixas, o Club Tríatlon Mar de Vigo e Club Atletismo Porriño. 

RESULTADOS OFICIAIS FEGATRI

CLUBES

O Cidade de Lugo Fluvial acadou o Campionato Xunta de Galicia por clubes na categoría feminina, por diante do Náutico de Narón e o Tri-Penta Terras de Lugo. Na categoría masculina, repetíu victoria o Cidade de Lugo Fluvial, por diante do Tríatlon Inforhouse de Santiago e o Tríatlon Ferrol. 

Dende a Fegatri queremos darlle a noraboa a todos os participantes no Tríatlon de Pontevedra e agradecervos públicamente a vosa confianza con todo o equipo que formamos a Federación Galega de Tríatlon.
🙏🙏🙏

FOTOGRAFÍAS DO EVENTO

Vémonos na seguinte….

 

Quizáis che interese…