Onte tivemos a presentación do XX Tríatlon Cidade de Pontevedra no Concello coa presencia de Daniel Benavide Alonso, Xefe do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Agustín Fernández González, Concellal de Educación, Actividade Física e Saúde do Concello de Pontevedra e Enrique Hernández Moldes, Delegado Provincial da Fegatri.
Un ano máis o tríatlon volve á Cidade do Lérez e este ano ademáis será Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint e o primeiro Campionato Xunta de Galicia de Remudas Mixtas. O sábado 21 de Agosto nas inmediacións da Ponte dos Tirantes e cos mesmos recorridos de anos anteriores, daremos saída o mellor do tríatlon galego.
750 metros de natación á altura da Ponte dos Tirantes no Río Lérez, previsiblemente con neopreno opcional debido á temperatura da agua en torno ós 19º nestes intres.
20 kilómetros de ciclismo con 4 voltas nun circuito esixente por mor do vento reinante estos días en Galicia, aínda que ás previsións para o sábado son de pouco vento e algo de nubosidade en Pontevedra.
5 kilómetros de carreira a pé con dúas voltas nun circuito prácticamente llano nas inmediacións da Ponte das Tirantes.
CIRCUITOS TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA
Grazas a modificación no protocolo FISICOVID-DXT da Fegatri fai uns días, teremos dúas saídas conxuntas para a categoría masculina e feminina e unha para a proba de Remudas Mixtas.
Ás 15:00 horas será a proba masculina, onde todos os participantes deberán pasar un test de antíxenos unhas horas antes para poder entrar na cámara de chamadas. 129 triatletas con moitos nomes coñecidos que loitarán por acadar o Campionato Galego.
Ás 16:30 horas será a proba feminina, onde todas as participantes deberán pasar un test de antíxenos unhas horas antes para poder entrar na cámara de chamadas. 48 triatletas loitarán por acadar o Campionato Galego de Tríatlon Sprint 2021.
Ás 19:00 horas poremos como colofón a este evento en Pontevedra, co novedoso formato de Remudas Mixtas. Os/as triatletas competirán en equipo para acadar o Campionato Galego de Remudas Mixtas por equipos.
Equipos participantes na proba de Remudas Mixtas
NAUTICO DE NARÓN
- LUCÍA PIÑÓN
- RICARDO CORES
- MARTA BARBEITO
- NICOLAS DOMINGUEZ
TRIATLON ARTEIXO
- BALBINA TARRIO
- FACUNDO MEDARD
- UXIA GARCIA
- JUAN VAZQUEZ
OLIMPICO DE VEDRA
- GABRIELA QUINTAS
- XESUS IGLESIAS
- ANDREA IGLESIAS
- CESAR OTERO
TRIATLON RIAS BAIXAS
- ANAIS RIVAS
- PABLO VAZQUEZ
- NURIA SANTIAGO
- JAVIER FERNANDEZ
CLUB ATLETISMO PORRIÑO
- MARIA SANTAS
- PABLO REGUEIRA
- ROSANA NOGUERAS
- DIEGO PEREZ
TRIATLON INFORHOUSE DE SANTIAGO
- ANTIA GONZALEZ
- JORGE GONZALEZ
- NOA TAIBO
- ANTON RUANOVA
TRI-PENTAS TERRAS DE LUGO
- MIRIAM TRIGO
- CRISTOBAL DIOS
- INES CASTAÑO
- IVAN AMADOR
JEALSA TRIATLON BOIRO
- SABELA PENSADO
- DENIS INCUTTI
- SILVIA DEIRA
- HUGO SANLES
TRIATLON MAR DE VIGO
- ANTIA PAZOS
- MANUEL ALONSO
- MARIA GONZALEZ
- ANGEL TORRES