[Actualizada a 27 de Agosto de 2021]
Despóis de 3 días de convivencia entre mulleres, entrenando e aprendendo, poñemos punto final ao I Campus da Muller e Tríatlon.
Podedes ver as fotos que fixo Difusión Sport durante a xornada do xoves a través deste enlace -> CLICA AQUÍ e pincha na lupa para mostrar todas as fotos. 🔎
I Campus da Muller e Tríatlon
A Federación Galega de Tríatlon, a través do área de Muller e Tríatlon ven de crear o primero Campus da Muller e Tríatlon que vaise celebrar na Estación de Montaña de Manzaneda en Ourense os próximos 25, 26 e 27 de Agosto de 2021, como promoción do deporte feminino.
A revista dixital de tríatlon faixe eco da noticia do noso Campus da Muller e Tríatlon.
Este campus vai dirixido para triatletas maiores de 18 anos e busca facilitar unha experiencia de convivenza entre mulleres do noso deporte, nunha contorna natural como é o enclave de Manzaneda, a través da práctica e adestramentos de tríatlon e actividades de ocio, sempre guiadas por técnicas con experiencia.
Traballaremos as 3 disciplinas, faremos transicións, aspectos de forza, mantemento de material e moitas cousas máis. O precio inclúe aloxamento, pensión completa e acceso a instalacións. Desenvolvida baixo o protocolo Fisicovid– DXT da Fegatri, será necesario presentar test de antíxenos negativo nas últimas 72 horas para garantir a seguridade do grupo.
Podes opter máís información no documento creado para o evento.