JORGE LÓPEZ DE LA PUENTE, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DUATLÓN DE LONGA DISTANCIA NO GRUPO DE IDADE 45-49

22 de Febreiro de 2015

O galego Jorge López de la Puente (Terras de Lugo) logrou en Orihuela o título de campión de España de Duatlón de Longa Distancia no grupo de idade 45/49.

Este torneo celebrouse hoxe 22 de febreiro en Orihuela coa participación de uns 500 deportistas, que tiveron que realizar 16 quilometros de carreira a pe, 66 en bicicleta e 8 de carreira.

Ademais do título acadado por Jorge López, hai que destacar a magnífica actuación da deportista Joselyn Brea (Terras de Lugo), que está adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva dende hai un par de anos. A venezolana logrou o primeiro posto na clasificación sub 23 do III Duatlón “Vientos del Pueblo” de Orihuela e a medalla de prata na elite (Joselyn non pode optar ao campionato de España).

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...