Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou esta fin de semana a oitava posición na Copa de Europa de Valencia, tras facer unha grande remontada no segmento da carreira a pe. Foi este o mellor resultado das e dos triatletas con licenza galega na proba de Valencia.
Na categoría feminina, Joselyn realizou a remontada da xornada na carreira a pe, tras facer o segundo mellor parcial de todas as participantes -so por detrás da gañadora, a francesa Jeanne Leair- para chegar a meta na oitava posición cun tempo de 02:01:54.
Na categoría masculina, Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) acadou a mellor posición dos galegos, ao rematar na 15ª posición cun tempo final de 01:46:31. Ademais, Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) logrou o 37º posto e Iago Lorenzo (Tri-Penta Terras de Lugo) foi 42º.
No seguinte enlace tedes os resultados:
Resultados Copa Europa Valencia