MARTÍN CARRERA E SONIA PARIENTE PROCLAMÁRONSE HOXE EN POIO CAMPIÓNS GALEGOS ABSOLUTOS DE ACUATLÓN

8 de Setembro de 2018

Martín Carrera (Náutico de Riveira) e Sonia Pariente (Tríatlon Rías Baixas) proclamáronse hoxe campións galegos de acuatlón absolutos, no II Acuatlón Concello de Poio, no que participaron 200 deportistas (categoría absoluta e menores).

A proba absoluta comezou ás 18:00 horas coa participación de 76 deportistas (absoluta, júnior e veterán). Nesta proba as distancias foron de 1.000 metros de natación e remataron con 5.000 de carreira.A saída, transición e meta estaban instaladas na Praza da Chousa, en Combarro.

 Na categoría feminina logrou o título Sonia Pariente, facendo unha espectacular remontada na carreira a pe. Noelia Gómez (Tríatlon Arteixo), Marta Barbeito (Náutico de Narón) e Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) saíron en cabeza do primeiro sector, mentres que Sonia ía na cuarta posición a case un minuto de distancia. Pero na carreira a pe, Pariente foi moi superior para lograr o triunfo fun tempo final de 36:01, mentres que segunda foi Penélope Martínez (36:30) e o bronce foi para Marta Barbeito (37:27).

 Na proba masculina saíron da auga cinco homes (Marcos Ruíz, Marcos Vila, Borja Álvarez, Cristian Fernández e Martín Carrera) en menos de dez segundos e así parecía que todo ía decidirse na carreira a pe, onde Martín Carrera –campión do 2017- fixo o segundo mellor parcial para lograr impoñerse na liña de meta cun tempo de 29:52. A segunda posición foi para Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) a 19 segundos e o terceiro posto foi para Ismael López (Cidade de Lugo Fluvial) que realizou un espectacular tramo de carreira a pe, logrando o mellor parcial, e remontando ata o terceiro chanzo do podio (30:17).

 

O resto dos gañadores do Galego foron:

ü  Benxamín: Lucía Villarnovo (Tríatlon Ferrol) e Paulo Rivas (AD Fogar)

ü  Alevín: Manuel Souto (AD Fogar) e Marta Novo (Motobike Galaico Pontevedra)

ü  Infantil: Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol) e Victoria Ana Cons (Motobike Galaico Pontevedra)

ü  Cadete: Jorge González (Natación Riveira) e Miriam López (Cidade de Lugo Fluvial)

ü  Júnior: Elena Conde (Trinorth) e Denis Incutti (Natación Riveira)

ü  Veterán: Aída García (Tríatlon Rías Baixas) e Diego Sotelo (Tríatlon Ourense).

 As probas comezaron ás 16:00 horas coa disputa das categorías menores, con distancias adecuadas as súas idades. Os benxamíns tiñan que facer 100 metros de natación e 500 de carreira a pe; mentres que as distancias para os alevíns eran de 200 de natación e 1.000 de carreira. Na categoría infantil os deportistas debían realizar 400 metros na auga e 2.000 de carreira e as distancias para os cadetes eran de 500 metros de natación e 3 quilómetros de carreira.

 Ano 2017. Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e Martín Carrera (Natación Riveira) proclamáronse campións galegos absolutos de acuatlón do pasado ano, no I Acuatlón Concello de Poio, no que participaron máis de 300 deportistas de todas as categorías.

AQUAPOIO 2018

CAMPIONATO GALEGO ACUATLON 2018

Clasificación Acua menores

Quizáis che interese…