Juniors na Copa de Europa de Caorle

NOVAS FEGATRI

18 de Maio de 2022

A Selección española de tríatlon desplazouse esta fin de semana ata á localidade de Caorle (Italia) para a disputa da Copa de Europa de Tríatlon, onde María Casals do Cidade de Lugo Fluvial e Igor Bellido conseguiron uns excelentes postos nas probas elite celebradas.

Ademáis das probas elite, celebrouse a Copa de Europa Junior onde o triatleta galego do AD Fogar, Andrés Prieto acadou a segunda praza do podio. Na proba feminina, tamén tivemos representación galega coa triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Elsa Pena, que entrou na posición 13.

Máis información do evento na revista dixital Objetivo Triatlon e Europe Triathlon.

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....