Cidade de Lugo Fluvial e Náutico de Narón gañan en Roquetas de Mar

23 de Maio de 2022

As dúas primeiras xornadas da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon e a Liga Iberdrola de Tríatlon celebradas en Roquetas de Mar o sábado 21 de Maio, rexistraron grandes actuacións dos equipos feminino e masculino do Cidade de Lugo Fluvial, que na matinal impoñíanse no Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por Clubs, e pola tarde lograban a segunda praza no masculino de Remudas Parellas, e o triunfo feminino, sumando o seu terceiro campionato da fin de semana.

Campionato de España de Tríatlon SuperSprint Clubs Roquetas de Mar

O Cidade de Lugo Fluvial conseguía a vitoria na Primeira División do Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por clubs tanto feminino como masculino, co conxunto madrileño Diablillos de Rivas logrando a segunda praza en ambos os casos, e repartíndose os bronces as valencianas do CEA Bétera feminino e o navarro Saltoki Trikideak feminino.

Na Segunda División o podio resultaba moi repartido. O equipo masculino do Náutico de Narón acadaba o primeiro lugar da súa proba.

Campionato de España de Tríatlon Remudas Parellas Roquetas de Mar

O Sábado pola tarde disputábase a segunda xornada das ligas, co Campionato de España de Tríatlon Remudas Parellas. O equipo masculino do Cidade de Lugo Fluvial acadaba a segunda posición do podio por detrás do Diablillos de Rivas e as chicas conseguían a victoria despóis dunha gran proba, por diante de Diablillos de Rivas e as galegas do Náutico de Narón.

 

Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por Clubes 2×2 Roquetas de Mar

A terceira xornada quedaba para o Domingo pola mañá coa celebración das espectáculares probas de SuperSprint por Clubes 2×2. O Náutico de Narón facíase coa victoria na proba feminina, por diante do Cidade de Lugo Fluvial e o Diablillos de Rivas.

Roquetas de Mar

Foto da Federación Española de Tríatlon

Na carreira masculina o Cidade de Lugo Fluvial acadou a victoria despóis dunha dura loita con Alusigma Peñota Dental e Saltoki Trikideak. O equipo masculino do Tríatlon Ferrol entrou na séptima posición da proba.

RESULTADOS

Quizáis che interese…