CIDADE DE LUGO FLUVIAL, CAMPIÓN DA FINAL GALEGA DE NADA E CORRE

12 de Marzo de 2016

O Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión na categoría de clubs da final galega do programa invernal Nada e Corre 2016, que se celebrou hoxe en Pontevedra. O podio nesta categoría estivo formado por Cidade de Lugo (ouro), Tríatlon Ferrol (prata) e Tríatlon Motobike Galaico (bronce). Esta clasificación sae da suma dos resultados das seis mellores categorías de cada club.

Foi unha xornada moi intensa e de gran confraternidade, ao dividirse a final en sesións de mañá e tarde e poder gozar así dunha comida con pais, nais e participantes, na que se xuntaron case 300 persoas no Pazo de Congresos.

Pola mañá celebrouse a proba de natación na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, nun espectacular entorno para os nenos e nenas, que puideron nadar nunha piscina de 25 metros, con dez rúas, grazas a cesión das devanditas instalacións. Ademais, de destacar o magnífico traballo do Tríatlon Motobike . Galaico, na organización da proba.

Pola tarde, celebrouse a carreira na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e posteriormente procedeuse á entrega de medallas en todas as categorías.

O Nada e Corre deste ano tiña como gran novidade a incorporación do paratriatlon, que permitiu a participación de David Almuiña, na categoría PT5 (para deportistas con discapacidade visual). David foi o primeiro, pero seguro que ano a ano teremos máis e igual de satisfeitos que él.

CLASIFICACIÓNS POR CATEGORÍAS

Prebenxamín feminino: 

1. Adriana Rebolo (Cidade de Lugo)

2. María Muñiz (Natación Riveira)

3. Aitana Correia (Tríatlon Ferrol)

 

Prebenxamín masculino:

1. Óscar Alberte Teijeiro (A.D. Fogar)

2. Samuel Fernández (Cidade de Lugo Fluvial)

3. Davic Caneiro (Tríatlon Ferrol)

 

Benxamín feminino:

1. Julia Maneiros (Tríatlon Ferrol)

2. Alejandra Silvosa (Cidade de Lugo)

3. Marta Novo (Tríatlon Motobike – Galaico)

 

Benxamín masculino:

1. Damián Suárez (Natación Cedeira)

2. Nicolás Pais (Arcade Inforhouse)

3. Marco Mota (Arcade Inforhouse)

 

Alevín feminino:

1. Carla Fernández (Cidade de Lugo)

2. Laura Cano (Tríatlon Motobike – Galaico)

3. Lea Mota (Arcade Inforhouse)

 

Alevín masculino:

1. Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol)

2. Enrique José Rivas (Arcade Inforhouse)

3. Iago Otero (Talleres David Tríatlon Compostela)

 

Infantil feminino:

1. Natalia Castro (Tríatlon Motobike – Galaico)

2. Elsa Pena (Cidade de Lugo)

3. Henar Diana Cons (Tríatlon Motobike – Galaico)

 

Infantil masculino:

1. Juan Francisco Pérez (Natación Cedeira)

2. Esteban Basanta (Cidade de Lugo)

3. Pablo García (Tríatlon Motobike – Galaico)

 

Cadete feminino:

1. Iria Rodríguez (Atletismo Porriño)

2. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol)

3. Inés Castaño (Arcade Inforhouse)

 

Cadete masculino:

1. Iván Puentes (Tríatlon Ferrol)

2. Arturo Ramos (Talleres David Tríatlon Compostela)

3. Martín Cando (Tri-Penta Terras de Lugo)

 

Paratríatlon masculino (PT5)

1. David Almuiña (Natación Riveira)

 

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...