Luismi Velásquez e Melina Alonso proclamáronse hoxe vencedores do Trishark de Narón, no que participaron máis de 130 triatletas.
Na categoría masculino, houbo unha fermosa e apertada loita entre Luismi Velásquez e Carlos Brión, que fixeron á par a proba. Así, todo se decidiu no tramo final da carreira a pe, onde logrou impoñerse Velásquez para chegar a meta como vencedor cun tempo de 1:02:07. A segunda posición foi para Carlos Brión (1:02:19) e o terceiro posto foi para Diego Paz (1:04:47).
Na proba feminina Melina Alonso liderou a proba dende o inicio, sendo a máis rápida na natación e tamén na carreira a pe. Así logrou o primeiro posto cun tempo final de 1:10:29. A segunda posición foi para Zuriñe Rodríguez a 1:12, e o terceiro posto foi para Sara Guerrero (1:12:11).
No documento adxunto tedes todas as clasificacións.