MÁIS DE 210 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO 16 DE SETEMBRO NO III VERTIATLÓN SOLIDARIO DE BAIONA

14 de Setembro de 2017

215 triatletas competirán este sábado 16 de setembro en Baiona no III Vertiatlón Solidario, un evento organizado polo Monte Real Club de Yates e o Concello de Baiona co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento no que participaron o delegado da Xunta en Galicia, Ignacio López Chaves; o presidente da Federación Galega, Óscar Surís; o deputado de Turismo, Santos Héctor; a concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González; o vicepresidente do Club de Yates de Baiona, Alejandro Retolaza, e a xefa territorial de Política Social da Xunta, Marta Iglesias.

A competición, que comezará ás 16:00 horas, celebrarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe). A saída terá lugar na praia de A Barbeira, mentres que a transición e meta estarán ubicadas nas inmediacións da praia de Ribeira.

O diñeiro recadado coas máis de 200 inscricións dos participantes destinarase integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, para persoas con discapacidade.

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...