NARÓN ACOLLE O SÁBADO O TRISHARK 2017 CON MÁIS DE 130 TRIATLETAS

14 de Setembro de 2017

O  sábado 16 celebrarase o Trishark Narón 2017, coa inscrición de máis de 130 triatletas nas dúas probas previstas (distancias supersprint e sprint). Esta proba, que se celebrará no paseo marítimo de Xuvia, será organizada polo Tri Náutico de Narón.

A proba supersprint – de promoción- comezará ás 13:15 horas e as distancias serán de 300 metros de natación, 12 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe. En total hai 52 inscritos.

Na distancia sprint (750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe) hai 80 inscritos e nomes destacados coma Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Sara Guerrero (Náutico de Narón), Marta Barbeito (Náutico Narón), David Castro (Rodense), Diego Paz (Arcade Inforhouse), Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Carlos Brión (Natación Riveira). A categoría feminina sairá as 14:15 horas e a masculina, ás 14:30 horas.

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...