MÁIS DE 70 EQUIPOS DARANSE CITA EN VILAGARCÍA NO CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON CONTRARRELOXO

11 de Maio de 2018

Máis de 70 equipos participarán en Vilagarcía o domingo 13 de maio no Campionato Galego de Tríatlon por equipos contrarreloxo. Ademais do Galego absoluto, tamén se celebrará o Campionato Escolar e unha proba open.

Nesta modalidade de contrarreloxo, os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que terán que disputar a proba agrupados. Ao final contara en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un percorrido de 750 metros de natación,  20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán instaladas no Peirao de pasaxeiros do Porto de Vilagarcía. Na categoría masculina están inscritos 24 equipos, mentres que na feminina hai 7.

A saída do primeiro equipo escolar realizarase ás 10:00 horas e as distancias neste campionato serán de 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe. A proba Open (na que participarán clubs que estean inscritos no Galego) dará comezo ás 11:10 horas, mentres que a última saída do Galego terá lugar ás 13:10 horas.

2017. Náutico de Narón (feminino) e Arcade Inforhouse (masculino) proclamáronse o pasado ano en Vilagarcía campións galegos de tríatlon por equipos contrarreloxo.

 

Quizáis che interese…