O 12 DE MAIO CELEBRARASE O TRÍATLON CONCELLO DE OLEIROS CON 200 PARTICIPANTES

11 de Maio de 2018

Este sábado 12 de maio (16:00 horas) celebrarase o XXIX Tríatlon Concello de Oleiros, no que están inscritos 200 deportistas das categorías cadete, júnior, sub 23, absoluto, veterán 1 e veterán 2.

A proba celebrarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 21 quilómetros de bicicleta e 5,5 de carreira a pe). A natación terá a súa saída (16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará ubicada no Parque da Lagoa de Mera.

Entre as deportistas inscritas aparecen Marta Barbeiro (Náutico de Narón), Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) ou María José Vázquez (NoSportLimit), e na proba masculina Ricardo Rey (NoSportLImit), José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Ismael Fernández (Tríatlon Arteixo), Pedro Antonio Esmorís (licenza dun día) ou Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial), entre outros.

O pasado ano proclamáronse campións do Tríatlon de Oleiros Marta Barbeito (Naútico de Narón) na categoría feminina e Álvaro García (NoSportLimit) na masculina.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.