MARÍA ORTEGA E CRISTÓBAL DIOS, VENCEDORES DO DESAFÍO PASTOR ILLAS CÍES

24 de Setembro de 2016

María Ortega e Cristóbal Dios (ambos do Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe vencedores da cuarta edición do Desafío Pastor Illas Cíes. O pentacampión do mundo Javier Gómez Noya, padriño da proba, compartiu o día con todos os protagonistas.

Na proba masculina PRO, Cristóbal Dios, que partía coma un dos favoritos, impúxose con certa comodidade ao resto dos triatletas chegando a meta cun tempo de 03:59:50. A segunda posición foi para José Manuel Montero (Triatlon Eresma) cun tempo de 04:022:07, mentres que terceiro foi Luis Alberto Paredes /(Tríatlon Morrazo), que parou o crono en 04:06:48.

Na categoría feminina PRO María Ortega volveu a acadar unha clara vitoria, igual que fixera o pasado ano. Parece que se lle da ben esta proba. O podio quedou formado por María Ortega (04:43:04) no máis alto, María Jesús Coya (GV Sports) logrou a segunda posición cun tempo de 04:49:33, mentres que terceira foi Ruth Gómez (Tricam-Villaviciosa) cun tempo de 05:06:35. Ademais, hai que destacar a participación da paratriatleta Susana Rodríguez (Mar de Vigo) case recén chegada de Río.

As distancias nesta proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta e 21,1 de carreira a pe, nun entorno privilexiado na ría de Vigo. A saída, transicións e meta estaban ubicadas na Praia do Vao.

Resultados Desafío

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...