MARÍA ORTEGA E MELINA ALONSO DISPUTARÁN ESTA FIN DE SEMANA A COPA DO MUNDO DE CHENGDOU

8 de Maio de 2014

María Ortega e Melina Alonso disputarán esta fin de semana a Copa do Mundo de Tríatlon de Chengdou (China). A competición feminina terá lugar na localidade situada no sudoeste de China, na provincia de Sichuan, o próximo sábado 10 de maio.

O obxectivo fundamental para ambas deportistas e acadar puntos para o ránking ITU, pensando na clasificación para os Xogos Olímpicos. A Copa do Mundo de Chengdou celebrarase nun circuíto composto por dúas voltas de natación (1.500 metros en total), seguidos de 40 quilómetros ciclistas, que discorrerán por un sector que inclúe algúns outeiros e xiros moi técnicos. Para finalizar realizarán un segmento de 10 quilómetros de carreira a pé divididos en catro voltas, por un percorrido chairo sobre asfalto.

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...