O SÁBADO 10 DE MAIO CELÉBRASE EN PORTOSÍN A FINAL GALEGA DE DÚATLON ESCOLAR

8 de Maio de 2014

 Portosín acollerá o sábado 10 de maio  a final galega de duatlón escolar do programa “Xogade”, na que participarán 180 nenos e nenas, que veñen de lograr a súa clasificación nas fases provinciais disputadas con anterioridade (clasificáronse os oito primeiros de cada categoría, así coma os dos primeiros equipos).

 

A primeira saída, que se realizará no Porto de Portosín, está prevista para as 11:30 horas (benxamín) e a última ás 13:20 horas (cadete). As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

 

O programa está formado por 7 probas locais que eran clasificatorias para as provinciais, de onde saíron os participantes na final galega. Nas provinciais clasificaron para a final galega os 8 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

 

 

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...