MARÍA ORTEGA E NICOLÁS DOMÍNGUEZ, VENCEDORES DO TRÍATLON VILA DE ALLARIZ

19 de Agosto de 2018

María Ortega (TriToledo) e Nicolás Domínguez (Disa Hospital Perpetuo Socorro Tríatlon) proclamáronse o sábado 18 vencedores do XXIX Tríatlon Vila de Allariz, no que participaron case 150 triatletas.

Na categoría feminina dominio absoluto de María Ortega, que partía como gran favorita e que foi a mellor nos tres segmentos para chegar a meta cun tempo final de 1:19:22.  A segunda posición foi para Olalla Duro (licenza dun día) a 7:16 e o terceiro lugar foi para Carla de Dios(Natación Pabellón Ourense).

Na proba masculina o triunfo de Nicolás Domínguez foi moi axustado e despois dunha gran remontada. Domínguez perdeu moitísimo tempo na natación (saíu da auga na posición 16 a máis de 3:30 do primeiro clasificado), así que tocou recuperar. E iso foi o que fixo nos dous seguintes segmentos nos que foi o mellor para chegar a meta na primeira posición cun tempo final de 1:10:08 e só 13 segundos de vantaxe sobre Jacobo Crego (Olímpico de Vedra). O terceiro posto foi para Marcos Vila (Natación Pabellón Ourense) cun tempo de 1:11:23.

 

 

Quizáis che interese…