MARTÍN CARRERA E FERNANDA BARBOSA, GAÑADORES EN ARTEIXO

28 de Xullo de 2018

Fernanda Barbosa (Tríatlon Arteixo) e Martín Carrera (Natación Riveira) proclamáronse hoxe gañadores dun Tríatlon Concello de Arteixo, que tivo que converterse en dúatlon (2,5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe) por culpa dunha forte ondada. Así houbo que suspender o segmento de natación en todas as probas previstas.

Este cambio descolocou a todos os participantes, que viñan a facer un tríatlon e de repente, encontráronse cun dúatlon, polo que os bos nadadores en principio, parecían os máis prexudicados.

Na categoría feminina a proba estivo comandada polas deportistas do Tríatlon Arteixo Fernanda Barbosa, Penélope Martínez e Naomí Espinoza dende o primeiro segmento de carreira a pe, pero con Natalia Castro (Motobike) moi preto. No sector de bicicleta formouse un grupo de catro deportistas (Fernanda Barbosa, Penélope Martínez, Natalia Castro e Raquel Pérez) que chegaron a segunda transición cunha ampla vantaxe, polo que estaba claro que o podio estaría entre elas. Así, os últimos cinco quilómetros de carreira a pe foron decisivos e neste segmento a máis rápida foi a cadete colombiana do Arteixo, Fernanda, polo que acadou o triunfo cun tempo de 1:11:38. A segunda posición foi para a súa compañeira de club, Penélope Martínez (1:11:51) e o terceiro posto foi ocupado pola tamén cadete Natalia Castro (1:12:15).

781bf8a9 3176 487a bce6 54160c27c9ffNa categoría masculina, o descorrer da proba foi moi similar e tamén a súa resolución tivo lugar no terceiro sector. Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) foi en cabeza xunto a Facundo Medard (Tríatlon Arteixo), Martín Carrera (Natación Riveira) e Sebastián Rivera del Hierro (Tríatlon Arteixo) e a proba parecía moi apertada ata o último segmento de carreira a pe, no que Martín Carrera (Natación Riveira) logrou o mellor parcial para así finalizar primeiro cun tempo de 58:42. A segunda posición foi para Facundo Medard a 21 segundos, e terceiro foi Alberto Castiñeira (59:23).

Os gañadores noutras categorías foron:

  • Cadete: Fernanda Barbosa (Tríatlon Arteixo) e Martín Cando (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Júnior: Eloy Villanueva (Náutico de Narón)
  • Sub 23: Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Martín Carrera (Natación Riveira)
  • Veter@n 1: Sonia Roca (NoSportLimit) e Fady Hout (Club Natación Liceo)
  • Veter@n 2: Purificación López (Club Hércules Termaria) e Álvaro Javier García (Tríatlon Ferrol)
  • Clubs: Tríatlon Arteixo (feminino e masculino)                                                                                                                             TRIARTEIXO 2018

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…