O SÁBADO 28 DE XULLO CELEBRARASE O VIII TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO CON CASE 230 PARTICIPANTES

26 de Xullo de 2018

O sábado 28 de xullo celebrarase o  VIII Tríatlon Concello de Arteixo, proba clasificatoria para o Campionato Galego 2018, cunha participación de case 230 deportistas, entre a proba popular, o Nada e Corre e as federativas.

A competición comezará ás 15:50 horas coa saída do Nada e Corre, no que os rapaces farán 100 metros de natación e 500 de carreira a pe. Posteriormente (16:00 horas) terá lugar a popular a popular na que os participantes terán distancias máis curtas que a proba federada (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe).

A proba do circuíto disputarase sobre a distancia sprint (750-20-5). A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Sabón. A categoría feminina comezará ás 18:30 coa participación de Carla Castaño (Arcade Inforhouse), Beatriz Dumet (Tríatlon Arteixo), Marta Barbeito (Naútico de Narón), a cadete Natalia Castro (Motobike Pontevedra), Rebeca Carnota (Cidade de Lugo Fluvial) ou Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) entre outras.

Para a categoría masculina haberá dúas saídas: ás 17:00 h comezará a proba sen corte, mentres que ás 18:20 horas será a saída elite A, cunha moi boa participación. Entre os inscritos, Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Martín Cando (Cidade de Lugo Fluvial), Alejandro Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial), Martín Carrera (Natación Riveira), Jorge González (Natación Riveira), Facundo Ismael Medard (Tríatlon Arteixo), Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol), Iván Rubio (Tríatlon Arteixo), Jorge Morado (Tríatlon Ferrol) ou Federico Scarabino (Tríatlon Arteixo).

 2017. O pasado ano Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e Iván Puentes (Tríatlon Ferrol) proclamáronse gañadores do VIII Tríatlon Concello de Arteixo, terceira proba do Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatoria para o Campionato Galego 2017.

 

Inscrición provisional:

https://fegatri.org/inscricion-triatlon-concello-de-arteixo/

 

Quizáis che interese…