MELINA ALONSO E DAVID MENDOZA DOMINAN O XV TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA

23 de Agosto de 2015

Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e David Mendoza (Tríatlon Arteixo) lograron a vitoria no XV Tríatlon Cidade de Pontevedra, clasificatorio para o Campionato Galego, que se celebrou hoxe na cidade do Lérez coa participación de case 200 deportistas.

 

Na categoría feminina houbo unha preciosa loita nunha proba dun altísimo nivel. Logrou a vitoria Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) que superou por só uns segundos á Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), despois dunha gran remontada da venezolana. Melina comezou a carreira a pe con 1 minuto da vantaxe, pero Brea foi remontando ata quedarse a só uns metros da galega nun emocionante final. A terceira posición foi para Saleta Castro (C.E. Where is the limit) a máis de dous minutos (1:06:43).

 

Na masculina, como se esperaba, houbo unha loita moi axustada con varios deportistas loitando polas primeiras posicións. Foi na carreira a pe onde se decidiron as posicións, xa que trala natación e a bicicleta eran varios os deportistas con opcións. Pero na carreira a pe, David Mendoza (Tríatlon Arteixo) foi o máis rápido e logrou unha vitoria clara e incontestable cun tempo final de 59:11. A segunda posición foi para Luismi Velásquez, do Tri-Penta Terras de Lugo (59:57), e o terceiro posto foi para Andrés Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela) cun tempo final de 1:00:28. As distancias nas probas federadas foron de  750 metros de natación, 20 de bicicleta e 5 de carreira a pe, mentres que a saída, meta e transición estaban ubicadas na Avenida de Buenos Aires (xunto á Ponte dos Tirantes).

 

Os gañadores noutras categorías foron:

 

  • Cadete: Rebeza Carnota (A.D. Fogar) e Pablo Muñiz (Talleres David Compostela).
  • Júnior: Paula Herrero (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Talleres David Compostela).
  • Sub 23: Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e David Mendoza (Tríatlon Arteixo).
  • Veterán 1: Silvia Deira (Arcade Inforhouse) e Jorge López (Tri-Penta Terras de Lugo).
  • Veterán 2: Andrés López (Tríatlon Poio).
  • Clubs: Arcade Inforhouse (feminino) e Tríatlon Arteixo (masculino).

XV TRIATLON CIDADE DE PONTEVEDRA

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...