ALBERTO GONZÁLEZ E MAR VILLAR, GAÑADORES DO VILA DE ALLARIZ

23 de Agosto de 2015

Alberto González (Nfoque Race Team) e Mar Villar (TriNorth-Nogasa) proclamáronse o 22 de agosto gañadores do XXVI Tríatlon Vila de Allariz.

Foi, coma en edicións anteriores, unha preciosa proba polo entorno e polo público, que acompaña aos deportistas de forma entusiasta durante todo o percorrido.

Na categoría feminina, triunfo de Mar Villar (que xa gañou o pasado ano) cun tempo de 01:22:18, mentres que a segunda posición foi para Helena Fernández (Natación Riveira) a case cinco minutos (01:27:14). A terceira posición foi para Olalla Duro (Artrogal Tri 498) cun tempo de 01:30:22.

Na categoría masculina proclamouse gañador Alberto González, que controlou en todo momento a proba, cun rexistro final de 01:11:01. Nicolás Domínguez (Hps Tríatlon) acadou o segundo posto (01:12:37), mentres que terceiro foi Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo) cun tempo final de 01:12:58.

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....