MELINA ALONSO, SEXTA NA COPA DE EUROPA SPRINT DE ALTAFULLA

17 de Xullo de 2016

A galega Melina Alonso acadou hoxe a sexta posición na Copa de Europa Sprint de Altafulla. Nesta proba contabamos cunha importante participación galega, e tamén podemos destacar a actuación de Alberto Castiñeira (11º), Andrés Cendán (12º) ou Sara Guerrero (11ª).

Na categoría feminina, a mellor posición foi para Melina que fixo unha proba moi regular estando sempre entre o grupo de cabeza e con opcións a loitar polo podio. Ao remate, triunfo para a belga Charlotte Deldaele (01:07:52), mentres que Sara Pérez foi segunda e Marta Sánchez, terceira. Tamén podemos destacar a gran actuación de Sara Guerrero, que saiu da auga entre as primeiras, pero na bicicleta perdeu un tempo despois irrecuperable, a pesar de facer moi bo tempo na carreira a pe. Ao final, 11ª cun tempo de 01:11:13. Pola súa banda, Camila Alonso foi 18ª.

Na proba masculina, os galegos Alberto Castiñeira, Andrés Cendán e Martín Carrera, así coma o venezolano afincado en Pontevedra Luismi Velásquez, saíron da auga nas primeiras posicións, e mantiveron as súas opcións na bicicleta, pero na carreira a pe non aguantaron o forte ritmo marcado polos líderes. O triunfo masculino tamén foi para un deportista belga, Simón De Cuyper, mentres que segundo foi Cesc Godoy.

Así, ao final o deportista do grupo de Alto Rendemento do CGTD Luismi Velásquez entrou no top ten, coa novena posición (59:14), mentres que Alberto Castiñeira foi 11º (59:53) e Andrés Cendán ocupou o 12º posto (01:00:20). Ademais, Martin Carrera rematou na 28ª posición e Iago Lorenzo foi 36º.

Resultados Altafulla

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...