RAÚL BLANCO, PRATA NO EUROPEO DE BIATLE

17 de Xullo de 2016

Fin de semana case perfecto para Raúl Blanco. O galego logrou un total de tres medallas (dúas pratas a nivel individual e un ouro en relevos mixtos) nos Campionatos de Europa de Triatle e Biatle que se disputaron esta fin de semana en Setubal. No día de hoxe tivo lugar o Europeo de Biatle no que o galego acadou a terceira medalla, unha prata a nivel individual.

O sábado celebráronse as semifinais do Europeo de Biatle e os nosos deportistas acadaron todos o paso á final que se desenvolveu hoxe. As boas noticias chegaron da man de Rául Blanco, que volveu a subir ao podio para recoller a medalla de prata.

O resto dos galegos non estiveron tan afortunados, nunha proba máis física que a de Triatle do venres.

Así, Mireia Vázquez (benxamín) foi 12ª, Claudia Gámez (alevín) ocupou a 14ª posición mentres que Ainhoa Corral nesta mesma categoría ocupou a 15ª posición. Andrea Vidal (cadete) foi 16ª e Marcos Rodríguez (veterán) foi sétimo.

 

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...