Mireia Vázquez e Claudia Gámez lograron hoxe a medalla de ouro na Copa de Europa de Sant Boi, que era ademais a primeira proba do Campionato de España de categorías menores (de benxamín a cadete) de Péntatlon Moderno.
A Federación galega desprazou a Barcelona a unha selección de sete deportistas. Mireia Vázquez acadou a primeira posición en benxamín feminino, por diante de dúas catalás. Así, enfronta a segunda proba do campionato de España, que se celebrará en Santander a mediados de maio, con vantaxe.
En infantil feminino, Claudia Gámez subiu ao máis alto do podio, que foi completado por dúas francesas. Ademais, hai que destacar a cuarta posición de Mercedes Vila, que foi a segunda española. Polo que ambas parte como favoritas para o título de campioa de España na súa categoría.
Ademais, Mireia Vila foi quinta en benxamín feminina; Héctor López tamén ocupou a quinta posición en benxamín masculino e ese mesmo posto foi para Manuel Cobas en alevín masculino. En infantil mascúlino Óscar López Saavedra foi sétimo na xeral, pero terceiro español, cara ao Campionato de España.
A competición constaba dunha proba de natación e doutra de combinada (carreira+tiro) e o que variaban eran as distancias dependendo da categoría que se disputase. A segunda fase do Campionato de España de Péntatlon Moderno para categorías menores celebrarase en Santander a mediados de maio (19-20).