NAN OLIVERAS E ADRIANA BARRAZA, GAÑADORES DO IV TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO

6 de Xullo de 2014

Nan Oliveras (Tri-Penta Terras de Lugo) e Adriana Barraza (Muralla de Lugo) proclamáronse vencedores do IV Tríatlon Concello de Arteixo, segunda proba do  Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatoria para o Campionato Galego 2014, que se celebrou hoxe en Arteixo coa participación de trescentos deportistas.

Na proba feminina non houbo sorpresas. Partía coma gran favorita a mexicana Adriana Barraza (Muralla de Lugo) e cumpriu os prognósticos. A mexicana foi a máis regular, sendo a segunda mellor na natación, a segunda en bicicleta e a máis rápida na carreira a pe (1:12:06). Na segunda posición chegou a cadete Inés Santiago (1:13:42), que fixo unha moi boa proba. Foi a primeira en chegar á transición trala natación, a terceira na bicicleta e a terceira na carreira a pe. O bronce foi Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol)  (1:16:59).

Na categoría masculina houbo unha proba moi competida polas primeiras posicións. O triunfo final foi para Nan Oliveras (Tri-Penta Terras de Lugo), que foi remontando. Rematou a natación na quinta posición, para despois ser o segundo mellor na bicicleta e tamén o segundo na carreira a pe (59:55). Moi cerca chegou o mexicano Abraham Roberto Castellanos (Muralla de Lugo) a só 19 segundos, mentres que terceiro foi Brais Canosa (Arcade Inforhouse), cun tempo de 1:00:47.

O resto dos gañadores foron:

ü  Cadete: Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Inés Santiago (Tríatlon Ferrol).

ü  Júnior: Francisco Cendán (Dexter Compostela) e Xiana Rendo (Dexter Compostela).

ü  Sub 23: Nan Oliveras (Tri-Penta Terras de Lugo) e Adriana Barraza (Muralla de Lugo).

ü  Veterán 1: Iván Rubio (Muralla de Lugo) e Cristina Fernández (NosportLimit-Trek Galicia).

ü  Veterán 2: José M. Otero (Muralla de Lugo) e Virgina Jiménez (Roqsport.com-San Roque).

Quizáis che interese…