UXÍO ABUÍN, DÉCIMO NA COPA DE EUROPA PREMIUM DE HOLTEN

7 de Xullo de 2014

O galego Uxío Abuín logrou esta fin de semana meterse no top-ten da Copa de Europa premium de Holten, ao rematar a proba na décima posición, sendo ademais o mellor español clasificado nesta proba.

O triunfo foi para o ruso Dimitry Polyanskiy, quen estivo acompañado no podio polo alemán Christopher Hettich (prata) e o francés Simon Viain (bronce).

Os triatletas enfrontáronse a un primeiro segmento de 1,5 km de natación polo lago de Domelaar, seguidos de 40 km por un percorrido de cinco voltas ciclistas polo centro da localidade holandesa, integrados por dúas costas moi técnicas e atravesando o parque nacional Sallandse Heuvelrug. E finalizaron cos 10 km de carreira pé.

Noraboa para o triatleta galego!

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...