NATALIA CASTRO EN SUB-23 E SARA GUERRERO EN ELITE, FORON A REPRESENTACIÓN GALEGA NA FINAL DAS SERIES MUNDIAIS EN PONTEVEDRA

26 de Setembro de 2023

• Selina Klamt, Campiona do Mundo Sub 23
A alemá Selina Klamt proclamouse Campiona do Mundo Sub 23 en Pontevedra, imponéndose na recta final á portuguesa María Tomé e á italiana Angelica Prestia. María Casals foi a mellor das españois, rematando na 12ª posición, con Natalia Castro na 16ª e Iratxe Arenal na 36ª.

• Na carreira élite, Noelia Juan foi a mellor das españois, rematando na novena posición, 9ª Noelia Juan, Miriam Casillas 18ª, Anna Godoy 26ª e Marta Pintanel 42ª. Sara Guerrero non puido participar despois de sufrir unha caída no camiño á carreira. Deixo o enlace á entrevista que fixemos: https://www.instagram.com/p/CxlLyzfMyre/

Carreiras Grupos de Idade Venres e Domingo:

• Os deportistas galegos conseguiron 5 medallas nos grupos de idade. O pontevedrés Lucas García conquistou a primeira praza no grupo de entre 15 e 19 anos, e despois Galicia conquistou tres medallas de bronce, unha delas no mesmo grupo xuvenil. Esa foi Noelia Galloso, que entrou en terceiro lugar. Na mesma posición, Eduardo Saavedra, no grupo de entre 35 e 39 anos, e Marcos Gómez Rilo, na categoría de entre 20 e 24 anos. No domingo, no grupo masculino de entre 20 e 24 anos de Aquabike, foi Leo Suárez quen conquistou a medalla de bronce.

• Máis de 12.000 persoas abarrotaron as rúas de Pontevedra, que acolleu con éxito a Gran Final das Series Mundiais cedendo o testemuño a Málaga, que acollerá a edición de 2024 do 17 ao 20 de outubro.

 

Quizáis che interese…