O 15 DE MAIO CELEBRARASE EN VILAGARCÍA  O III TRÍATLON RÍAS BAIXAS CON  350 DEPORTISTAS

13 de Maio de 2016

O domingo 15 de maio (a partir das 09:30 horas) terá lugar en Vilagarcía de Arousa o III Tríatlon Rías Baixas, que conta cunha inscrición de 350 deportistas. Esta proba forma parte do circuíto “no draft” da Federación Galega de Tríatlon.

Esta competición dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe), e as transicións e meta están situadas no contorno do Club do Mar de Vilagarcía (preto da Praia de Compostela). A principal característica desta proba é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

A proba masculina comezará ás 09:30 da mañá dende a praia de Compostela e entre os participantes destacan Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo) ou Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio). A proba feminina terá a saída dez minutos despois (09:40) e coa participación de Sonia Pariente (GV Sports), Myriam Portela (Team Corbelo), Raquel Zapata (Mar de Vigo) ou Nerea Castro (Tríatlon Poio), entre outras.

 

Quizáis che interese…