SALETA CASTRO E IVÁN CÁCERES, NO IRONMAN DE TEXAS

12 de Maio de 2016

Dous galegos (Saleta Castro e Iván Cáceres) participarán o sábado 14 de maio (13:40 hora galega) no Ironman de Texas, cun obxectivo moi claro: Achegarse un pouco máis ao Mundial de Hawaii.

Saleta enfronta este reto en boas condicións físicas e con moito ánimo despois de facer top-ten no Ironman 70.3 de Monterrey. Actualmente a galega conta con 1.375 puntos no ránking e o seu obxectivo en Texas e acadar no top-7, para sumar moitos puntos que lle permitan achegarse moito á clasificación para Kona. Nesta proba, en grupos de idade, tamén participará o galego Iván Cáceres, que quere lograr tamén cumprir o soño de disputar o Mundial de Hawaii na súa categoría de grupos de idade. Estes días ambos deportistas adestraron xuntos e recordaron vellos tempos, de cando estaban no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

As distancias do Ironman son de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros en bicicleta (en Texas recortouse en 30 quilómetros por unhas inundacións que provocaron danos nas estradas) e 42,2 de carreira a pe.

Quizáis che interese…