O 31 DE XANEIRO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO MULTIDEPORTE PONTEVEDRA CUN DESCONTO DO 40% PARA OS DEPORTISTAS ESPAÑOIS

29 de Xaneiro de 2019

O próximo día 31 de xaneiro remata o prazo de inscrición cun 40 por cento de desconto para os deportistas galegos e españois que queiran participar no Festival Multideporte Pontevedra 2019, que se celebrará do 27 de abril ao 4 de maio. Quedan só uns días!

A partir de 1 de febreiro e ata o 28 deste mesmo mes o desconto para os deportistas españois será do 30% e dende o 1 de marzo non haberá bonificación algunha. As inscricións neste Festival Multideporte rematarán o día 27 de marzo.

Serán seis os Mundiais que se inclúen neste Festival Multideporte que reunirá aos mellores especialistas en dúatlon, dúatlon cross, acuatlón, aquabike e tríatlon de longa distancia. Así o día 27 de abril celebrarase a proba de Dúatlon Sprint, mentres que ao día seguinte será o Mundial de Dúatlon Standard. O 30 de abril disputarase o Mundial de Tríatlon Cross; o 2 de maio o Mundial de Acuatlón e o 4 de maio o Mundial de Tríatlon de Longa Distancia e de Aquabike.

Podedes realizar as vosas inscricións no seguinte enlace:http://triatlon.org/triweb/index.php/competicion/itu-multideporte-pontevedra-2019/

 

 

Quizáis che interese…